Statistics Canada

Statistics Canada (en francés Statistique Canada) (SC) é a axencia do Goberno federal canadense encargada de recoller e compilar datos estatísticos sobre o Canadá e os canadenses.

Entre outras responsabilidades, Statistics Canada ocúpase do censo xeral que ten lugar cada cinco anos, no primeiro e sexto ano dunha década. O próximo censo será en 2011 e será o segundo no que se poderá utilizar Internet para encher os cuestionarios.

Para os lugares, Statistics Canada ten unha terminoloxía ben definida. Por exemplo, a palabra parroquia designa algúns territorios rurais do Quebec e de Novo Brunswick, e cantón designa os townships do leste do Quebec.


Developed by StudentB